miércoles, 3 de abril de 2019

PRAIA AREA DA CRUZ por Jimena Aguín

NOME: Area da Cruz.


DESCRICIÓN: A praia Area da Cruz é unha praia bastante longa, pois conta cunha lonxitude
duns 650 metros. Caracterízase pola súa area gorda e auga cristalina, ao seu lado
está Raeiros e O Espiño. Esta última coa particularidade de que é canina. Ten unha billa para
lavar os pés, un aparcamento para minusválidos, uns baños e un paseo de madeira que chega
ata o principio da praia.


POSITIVO: Esta praia ten moitas dunas e unhas ondas perfectas para facer surf, a
area esta xenial para facer castelos e conta tamén cunhas rochas perfectas para 
escalar.


NEGATIVO: O que non me gusta é que no punto de información que se atopa na
entrada hai algunhas erratas.


RECOMENDACIÓNS: Recoméndovos ir a comer aos chiringuitos que están a pé de praia
porque teñen unha comida riquísima.








No hay comentarios:

Publicar un comentario